

16/07/2008
Hoxe foi o noso gran día. O village galego foi máis protagonista que nunca nesta festa marítima na que ao longo dunha semana amosamos aos centos de miles de visitantes a riqueza do noso patrimonio. Botamos a Javiota, a dorna que aquí construímos, e toda a nosa flota saíu a navegar. O vento bretón empurrou botes, lanchas, dornas, galeóns... ata o vapor do Hidria se uniu ao noso desfile. Á noite soará de novo e con máis forza a música galega en Brest e logo volveremos sair ao mar para culminar o Día de Galiza. 