Actividades en Galiza

O programa Galicia en Brest percorrerá algunhas das principais vilas galegas para dar a coñecer a relevancia da presenza do noso país nesta feira marítima e tamén algunhas das tradicións marítimas máis salientables do país.

Os obxectivos destas actividades, nas que participan a Consellaría de Cultura e Deporte e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, son os de promovercionar a cultura marítima e fluvial galega e poñer en coñecemento dos galegos e galegas a importancia da presenza de Galiza como país convidado de honra na Festa Marítima Internacional de Brest, o máis importante evento mundial de cultura marítima.

Itinerancia

  • 1 de xuño nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña
  • 8 de xuño nas Coruxeiras en Ferrol
  • 15 de xuño na Ferrería de Pontevedra
  • 22 de xuño no Paseo de Bouzas en Vigo
  • 29 de xuño na Alameda de Santiago de Compostela

Todas as actividades desenvolveranse entre as 12.00 e 20.00 horas no lugar sinalado para cada cidade.

Actividades previstas

Mostra de embarcacións
Emprazamento en lugares destacados das vilas de embarcacións tradicionais: bucetas, dornas, gamelas curuxeiras e faluchos para o goce dos máis pequenos.
Exhibición dos traballos de recuperación dunha embarcación orixinal: unha "canoa de Fisterra".
Exposicións
Paneis divulgativos de Patrimonio do vento e do sal.
Maquetas
Presentación de 5 maquetas de embarcacións tradicionais achegadas polo Museo do Mar.
Obradoiro de gamelas
Os/as nenos/as poderán participar nos obradoiros de construción dunha gamela a partires dun recortable.
Obradoiro "Xornada de pesca"
Os máis pequenos aprenderán a distinguir especies e a facer escollas ecoloxicamente sostibles.
Proxeccións audiovisuais
"Espírito da auga", o documental "Un mar de velas" e diverso material promocional sobre participación de Galiza na Festa Marítima Internacional de Brest.
Carpinteiro de ribeira
Exhibición da construción dunha dorna (esta actividade só terá lugar en Compostela).
Distribución de material de divulgación
Publicación Galiza en Brest, tarxetas postais, pósters, pegatinas, camisolas, bolsas e folletos de Brest.

conselleria de cultura e deporte