Diario de a bordo

16/07/2008

Navegamos polas augas bretoas

Navegamos polas augas bretoas

Hoxe foi o noso gran día. O village galego foi máis protagonista que nunca nesta festa marítima na que ao longo dunha semana amosamos aos centos de miles de visitantes a riqueza do noso patrimonio. Botamos a Javiota, a dorna que aquí construímos, e toda a nosa flota saíu a navegar. O vento bretón empurrou botes, lanchas, dornas, galeóns... ata o vapor do Hidria se uniu ao noso desfile. Á noite soará de novo e con máis forza a música galega en Brest e logo volveremos sair ao mar para culminar o Día de Galiza.

14/07/2008

Éxito de público no Village Galicia

Éxito de público no Village Galicia

Un mar de xente inunda cada día o recinto da Festa Marítima Internacional de Brest. No Village Galicia, o noso espazo no corazón do evento, recibimos visitantes a todas horas interesándose polas actividades e exposicións sobre a nosa cultura marítima. O serán é o momento da música, e os concertos, como o que ofreceu onte Treixadura, convírtense nunha das principais atraccións, con centos de asistentes e mesmo espontáneas demostracións de baile a cargo dos membros da nosa delegación.

11/07/2008

Xa estamos en Brest

Xa estamos en Brest

A Festa Marítima Internacional abriu as súas portas e no espazo de Galicia xa estamos a recibir numerosos visitantes que se interesan polas nosa actividades, exposicións, proxeccións audiovisuais. Estamos seguros de que a nosa tradición marítima e a nosa cultura non pasarán desapercibidas neste gran evento no que participamos como convidados de honra.

09/07/2008

Cara a Brest

Cara a Brest

Mañá marchamos cara a Brest. Moitas das embarcacións tradicionais xa nos esperan aló, mentres outras rematarán mañá a súa viaxe por carreteira. Pero o venres estaremos preparados para dar comezo á participación galega na Festa Marítima Internacional de Brest.

| 1


conselleria de cultura e deporte