Noticias

Galicia amosa o mellor da cultura do mar no seu día grande en Brest

A DELEGACIÓN GALEGA PROCEDEU Á BOTADURA DUNHA DORNA

Galicia amosa o mellor da cultura do mar no seu día grande en Brest

16/07/2008 Galiza amosa hoxe ao mundo o mellor da súa cultura do mar na Festa Marítima Internacional de Brest, o maior evento mundial deste tipo, que se celebra cada catro anos nesta cidade bretona. A programación especial do Día de Galiza arrancou ás 11 da mañá co acto institucional no que participou a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, xunto co alcalde de Brest, François Cuillandre, e o vicepresidente da Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), Víctor Fernández. A xornada dedicada a Galiza supón un recoñecemento ao seu papel de país convidado de honra nesta edición da festa.
A prensa bretoa destaca a presenza de Galicia en Brest

AS EMBARCACIÓNS GALEGAS CHAMAN A ATENCIÓN DO NUMEROSO PÚBLICO

A prensa bretoa destaca a presenza de Galicia en Brest

14/07/2008

O xornal Le Télégramme, un dos dous principais xornais en Bretaña abre o seu suplemento especial sobre a Festa Marítima Internacional de Brest cunha imaxe sobre a delegación galega. O outro xornal de referencia, Ouest France tamén destaca a presenza galega, que se sitúa xusto no corazón do que é o maior evento de cultura marítima do mundo.

Galicia inaugura a súa presenza na Festa Marítima Internacional como convidada de honra

O VILLAGE GALICIA ACOLLE A NUMEROSO PÚBLICO INTERESADO POLA NOSA CULTURA

Galicia inaugura a súa presenza na Festa Marítima Internacional como convidada de honra

11/07/2008 Esta mañá deu comezo a Festa Marítima Internacional de Brest, o maior evento do mundo de cultura marítima, na que Galicia ocupa un lugar principal como país convidado de honra (a primeira vez para para un país que non é estado) no medio dun ambiente festivo e cunha importante afluencia de público.
A Festa Marítima Internacional comeza mañá con Galicia como convidada de honra

A FROTA E A DELEGACIÓN GALEGAS XA ESTÁN EN BREST

A Festa Marítima Internacional comeza mañá con Galicia como convidada de honra

10/07/2008

A delegación galega xa está en Brest ultimando os preparativos para a inauguración da Festa Marítima Internacional, que terá lugar mañá. As embarcación están amarradas no peirao ao carón do Village Galice, o espazo onde Galicia desenvolverá o seu programa de actividades. Como medio de promoción da nosa cultura marítima, distribuiranse 50.000 exemplares dunha publicación especialmente deseñada para este evento.

A frota galega viaxa cara a Brest

PARTE DA DELEGACIÓN DE GALICIA RECIBIRÁ AS EMBARCACIÓNS NA CIDADE BRETOA

A frota galega viaxa cara a Brest

07/07/2008

A frota que vai representar a Galicia na Festa Marítima Internacional de Brest xa está de camiño cara a Bretaña francesa. As 25 embarcacións tradicionais galegas, a bordo de varios camións, irán chegando ao porto de Brest entre o 8 e o 10 de xullo. Mentres tanto, o Hidria Segundo, o barco de vapor orixinal que completa a frota galega, xa atracou no peirao da cidade bretoa.

Máis de 12.000 persoas participaron nas actividades de promoción de Galicia en Brest

SUMOUSE Á INICIATIVA PÚBLICO DE TODAS AS IDADES

Máis de 12.000 persoas participaron nas actividades de promoción de Galicia en Brest

30/06/2008

A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Santiago acolleron exposicións, exhibicións, obradoiros e visitas a embarcacións tradicionais durante os domingos do mes de xuño. O programa de itinerancia Galicia en Brest deu a coñecer o patrimonio marítimo e fluvial galego polas principais cidades galegas como mostra da delegación que representará ao noso país na Festa Marítima Internacional de Brest en Bretaña (Francia), á que Galiza acode como convidado de honra.

| 1 | 2

Axenda



conselleria de cultura e deporte